2010
- 13 Outubro: logo de casi 2 anos buscando nome, Fran e Andrés compran o dominio de primer nivel odiseus.org e lánzase a iniciativa.
- 19 de Outubro: creamos a rolda de correo “comidilla” e envíase a primeira mensaxe.
- 23 de Outubro: instálase o wp-mu no dominio e comeza a andadura!
2011
2012
- 5 de Xaneiro: Conocimiento Abierto múdase a rede, non era sen tempo…
- 8 de Xaneiro: créase “ghramuinha“, rolda de correo para dar soporte a unha comunidade hiperlocal.
- 9 de Xaneiro: continúa a vidilla culinaria en odiseus e créase o noso primeiro blog colaborativo: Cocinillas.
- 18 de Xaneiro: varios blogs da rede (nss, conocimientoabierto e a matriz odiseus.org) únense á folga por unha internet libre.
- 5 de Febreiro: temos a Javi Vázquez activo de novo!
- 18 de Maio: O campo da fresa, un blog dedicado ó barrio de Eirís, na Coruña. E continuamos a dar soporte á temática hiperlocal.
- 13 de Outubro: segundo aniversario!
- 2 de Novembro: achegamos un novo nativo de odiseus,Finanzas Fáciles .
- 26 de Novembro: As Grelas, grupo de consumo responsable situado en Ribadeo, elixe Odiseus para iniciar a súa andadura na rede!
- 3 de Decembro: Miss C. Lánea ten a honra de ser o último blog deste 2012.
2013
- O 2013, tráenos o noso primeiro blog dedicado a literatura: Palabras y Logos!
- Creamos a lista de admistradores, para formalizar que Pablo se nos uneu como administrador da rede.
- Emitindo, un clásico da rede, únese a nós!
- E axudamos cun blog na organización dunha voda internacional 🙂
- El otoño anima la actividad … y se crean 2 blogs! Nuestra sala de máquinas y communia.
- Finalizamos o ano cambiando a cara da matriz da rede: odiseus.org convírtese nun agregador de tódolos blogs da rede. As novidades de administración da rede retransmitiranse dende a nosa sala de máquinas.
2014
- Xaneiro: continuamos fomentando a diversidade e o ano comeza coa creación dun blog de makers e a migración dun clásico da bioconstrucción á nosa rede.
Pingback: Por fin en Odiseus | Conocimiento Abierto